Que é un Banco de Alimentos? > Que é un banco de alimentos?

Que é un banco de alimentos?

É unha organización sen ánimo de lucro, recoñecida oficialmente, que funciona grazas ao traballo de balde de numerosos voluntarios, e cuxo obxecto é recuperar alimentos excedentes en perfectas condicións de consumo e redistribuílos de balde entre entidades de axuda ás persoas necesitadas, evitando o desperdicio ou mal uso dos alimentos.

 

 


O Banco de Alimentos non reparte directamente a persoas necesitadas, senón que faino a través de institucións de axuda social recoñecidas polas administracións estatais, autonómicas e locais que teñen o contacto directo con el.

 

HISTORIA

 

A historia do Banco de Alimentos ten o seu inicio en 1967, en Phoenix (Arizona), cando o norteamericano John Van Hengel (1922-2005), nese momento voluntario nun comedor social, charla cunha das beneficiarias. Ela explícalle que grazas aos restos (danados ou a punto de caducar) que recolle todas as noites dos colectores de lixo dos supermercados, pode alimentar os seus 10 fillos e que deberían almacenar ese tipo de comida como o fan os bancos co diñeiro. Van Hengel ponse mans á obra e acorda cos supermercados locais, a recollida dos sobrantes para alimentar aos máis necesitados. Así é como nace o primeiro Banco de Alimentos do mundo; o St. Mary's Food Bank.

 

 

O primeiro banco de alimentos de España foi creado en 1987, en Barcelona.

 

Na actualidade existen 54 máis que están integrados na Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL), que á súa vez é membro da Federación Europea de Bancos de Alimentos (FEBA) cuxa sede en París, foi o primeiro Banco de Alimentos de Europa en 1984.

      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir
Ildefonso Sánchez Mera 4-B, Baixo    C.P. 15706    Santiago de Compostela    A Coruña    981 586 181    fegaban@fegaban.es