Que é un Banco de Alimentos? > Beneficiarios/as

Beneficiarios/as

Os Bancos de Alimentos non reparten directamente o usuario final, senón que reparten a entidades con fins sociais homologadas para este fin.

 

ENTIDADES RECEPTORAS

Os Bancos de Alimentos facilitan de forma gratuíta ás entidades receptoras os alimentos.

As entidades benéficas receptoras son as que fan chegar os alimentos de forma gratuíta aqueles que o necesitan dun xeito equitativo.


As entidades que poden ser receptoras dos alimentos son as seguintes:

 

  •     Entidades privadas, de iniciativa social e sen ánimo de lucro, aínda que teñan ingresos, sempre que estes ingresos non cubran as axudas alimentarias e que o custo do seu funcionamento non estea financiado polo presuposto de ningún organismo público ou privado.

 

  •     Entidades puramente asistenciais (que non están constituídas legalmente, como poden ser as parroquias).

 

Polo tanto son os propios Bancos os que tratan coas entidades da bisbarra para o xusto repartición dos alimentos.


USUARIOS FINAIS

Segundo os datos que manexa a Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) as causas da pobreza en España son moi variadas.


    "O paro e o traballo precario son as máis importantes. A idade avanzada ou nenez e xuventude, as enfermidades, as inxustizas sociais, analfabetismo, inmigración, pertenzas a certas etnias, drogadicción, alcoholismo, e familias monoparentais encóntranse tamén entre as causas orixinarias da pobreza. "


Os colectivos atendidos en España polo Banco de Alimentos son, pricipalmente:

 

  •     Inmigrantes 28%

 

  •     Maiores 21 %

 

  •     Toxicómanos 12%

 

  •     Indixentes 10%

 

  •     Parados longa duración 9%

 

  •     Nenos e adolescentes 7%

 

  •     Enfermos terminais e afectados 6%

 

  •     Outros 4%

 

  •     Discapacitados físicos 2%

 

  •     Discapacitados psíquicos 1%

 

 

Agora mesmo, os Bancos de alimentos galegos atenden a 101.237 persoas a través de máis de 670 asociacións.

      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir
Ildefonso Sánchez Mera 4-B, Baixo    C.P. 15706    Santiago de Compostela    A Coruña    981 586 181    fegaban@fegaban.es