Que é un Banco de Alimentos? > Colaboradores/as

Colaboradores/as

Para levar a cabo o traballo diario, os bancos de alimentos e a Federación, contan con diversas formas de colaboración.


Os alimentos que reciben os bancos de alimentos galegos teñen distintas orixes:

Doazóns


Tanto a título individual, coma de forma colectiva, as persoas colaboran cos bancos de alimentos en campañas xa organizadas ou creando as súas propias para recollida de produtos alimentarios.

A este grupo pertencen as recollidas de:

 

  •     Doazóns individuais de alimentos.

 

  •     Campañas a nivel nacional e autonómico como A Gran Recollida, Ningún neno sen bigote (La Caixa), Operación Quilo (Carrefour), Maio Solidario (Gadis), etc.

 

  •     Recollidas organizadas por traballadores de empresas privadas que queren colaborar como por exemplo: Correos, El Correo Gallego, etc.

 

  •     Recollidas en colexios.

 


Recuperación de Excedente Alimentario


Moita da industria alimentaria galega colabora cos bancos para a recuperación de excedentes así como as entidades públicas. Os alimentos proceden de:

 

  •     Comisos de productos perecedoiros, por exemplo en pesca.

 

  •     Excedentes de supermercados (mermas).

 

  •     Colaboracións da industria alimentaria (industria da distribución) cos bancos.

 


FEGA E FOGGA


FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria)


O FOGGA é un organismo autónomo dependente da Consellería de Medio Rural e Mar que, entre outras moitas tarefas, encárgase de canalizar as remesas de alimentos excedentarios. Estes alimentos proveñen dos problemas de comercialización que se producen co exceso de oferta dun produto.

Estes acóllense a procesos de retirada voluntaria por parte da administración competente, a cal deriva estes excedentes a institucións benéficas.


FEGA (Fondo Español de Garantía Agraria)


O FEGA ten un programa de axuda ás persoas máis desfavorecidas chamado PROGRAMA OPERATIVO DE AXUDA ALIMENTARIA DO FONDO DE AXUDA EUROPEA PARA AS PERSOAS MÁIS DESFAVORECIDAS (2014-2020) EN ESPAÑA.

É un programa nacional que distribúe alimentos ás persoas máis desfavorecidas, cofinanciado polo Fondo de axuda Europea para os Más Desfavorecidos (FEAD) (2014-2020) nun 85% e nun 15% polo presuposto da Administración Xeral do Estado.

Con este programa o FEGA encárgase, entre outras actuacións, de mercar os alimentos mediante un procedemento de licitación pública (merca de alimentos, subministración aos centros de almacenamento e distribución nas organizacións) e de designar mediante resolución pública ás Organizacións asociadas de Distribución, que neste momentos son os Bancos de Alimentos e Cruz Vermella.

 


Subvencións e Axudas Ecónomicas


Ademais, ao ser entidades sen ánimo de lucro, os Bancos de Alimentos benefícianse de axudas e subvencións económicas por parte da administración pública.

      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir
Ildefonso Sánchez Mera 4-B, Baixo    C.P. 15706    Santiago de Compostela    A Coruña    981 586 181    fegaban@fegaban.es