Infórmate > Noticias 

Noticias 

CONVENIO COMEDORES ESCOLARES
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

01/07/2015

A Consellería de Traballo e Benestar renova por segundo ano o convenio entre esta Conselleria, a Federación Gallega de Bancos de Alimentos (FEGABAN) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) co fin de axudar ás familias con menores ó seu cargo no verán.

Este convenio asinado pola Conselleira de Traballo e Benestar Beatriz Mato, o Presidente da FEGAMP José Manuel Rey e o Presidente da FEGABAN José Pita Chento, recolle as liñas de actuación para a coordinación entre as administracións autonómica e local e os Bancos de Alimentos.

Dentro deste convenio os Concellos, a través dos servicios sociais, determinarán que familias con menores ó seu cargo necesitan este tipo de axuda, onde se fai a entrega e garantirán que estas familias non pasen fame, pola outra parte, a Conselleria de Traballo e Benestar e a Federación Gallega de Bancos de Alimentos son os organismos que contrastarán que estas familias non perciben ningunha outra axuda, e a Federación Gallega de Bancos de Alimentos a través dos catro Bancos de Alimentos Galegos será a encargada de achegar esos alimentos a esas familias.

Esta campaña comeza o 19 de xuño, coincidindo co remate do curso escolar e remata en setembro co inicio do curso escolar.

Ademais, este obxectivo completarase coa dotación para Galicia do Programa Estatal de Axuda á Familia e á Infancia, da que destinará 1,5 millóns de euros para a prevención e loita contra a pobreza infantil e á atención integral das familias con menores a cargo e nunha situación de especial vulnerabilidade a través das Axudas de Inclusión Social (AIS).

Arquivada en:

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info

Ildefonso Sánchez Mera 4-B, Baixo    C.P. 15706    Santiago de Compostela    A Coruña    981 586 181    fegaban@fegaban.es