Infórmate > Noticias 

Noticias 

DOAZÓN DE 15.000 EUROS DE FUNDACIÓN HUMANA A FEGABAN
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

23/02/2015

A empresa galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski e a Organización Non Gubernamental para o Desenrolo (ONGD) Humana Fundación Pueblo para Pueblo fixeron unha doazón de 15.000 euros á Federación Gallega de Bancos de Alimentos (FEGABAN).

1 de 1

O Presidente da FEGABAN José Pita encargouse de recibir a doazón de mans do equipo da Area de Responsabilidade Social Corporativa de Vegalsa-Eroski, e de Gustavo Pampin, do departamento de Promoción de Humana, nun acto que tivo lugar nas instalacións da Federación Gallega de Bancos de Alimentos, no Poligono do Tambre.

Unha boa xestión das cerca de 350 toneladas de roupa e calzado usados que recolleu a Fundación Humana durante o ano 2014 nos depósitos de roupa sitos en casi medio centenar de establecementos Eroski/Center de toda Galicia, fixo posible acadar os recursos necesarios para poder facer esta doazón. No marco da súa política de compromiso co medio, Vegalsa-Eroski cede o seu espacio en tendas e supermercados para a colocación de depósitos de reciclaxe textil. Na actualidade, Humana dispón 53 depositos de recollida de textil usado, en 49 puntos de venta da empresa de distribución Vegalsa-Eroski, nas diferentes localidades de toda Galicia.

Arquivada en:

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info

Ildefonso Sánchez Mera 4-B, Baixo    C.P. 15706    Santiago de Compostela    A Coruña    981 586 181    fegaban@fegaban.es