Colaboradores

A Federación Gallega de Bancos (FEGABAN) conta con varios colaboradores que apoian a nosa misión de formas moi diferentes.

O noso máis sincero agradecemento a cada unha delas polo apoio recibido.

 

As entidades que colaboran coa Federación son:

 

CAIXA RURAL GALEGA

 

 

LEITE CELTA

 

 

COMERCIAL HOSPITALARIA GRUPO 3

Dotación económica.

 

 

COMPOSTELANA DE CARNES

 

 

CONGALSA

Colaborou coa entrega de produtos conxelados para a repartición aos bancos galegos.

 

 

GRUPO CUEVAS

 

 

DINAHOSTING

 

 

Colabora co aloxamento web.

 

 

EDISA

 

Axúdanos no mantemento da web.

 

 

EL CORREO GALLEGO

 

Colabora coa Federación cedendo as súas antigas instalacións para o desempeño da nosa actividade, así como a da sede do Banco Rias Altas en Santiago. Ademais contamos coa axuda dos empregados para as recollidas de alimentos e o traballo diario de almacén.

 

 

FEGA

 

O FEGA ten un programa de axuda ás persoas máis desfavorecidas chamado PROGRAMA OPERATIVO DE AXUDA ALIMENTARIA DO FONDO DE AXUDA EUROPEA PARA AS PERSOAS MÁIS DESFAVORECIDAS (2014-2020) EN ESPAÑA.

É un programa nacional que distribúe alimentos ás persoas máis desfavorecidas, cofinanciado polo Fondo de Axuda Europea para os Máis Desfavorecidos (FEAD) (2014-2020) nun 85% e nun 15% polo presuposto da Administración Xeral do Estado.Con este programa o FEGA encárgase, entre outras actuacións, de mercar os alimentos mediante un procedemento de licitación pública (merca de alimentos, subministración aos centros de almacenamento e distribución nas organizacións) e de designar mediante resolución pública ás Organizacións asociadas de Distribución, que neste momentos son os Bancos de Alimentos e Cruz Vermella.

 

 

FOGGA

 

O FOGGA é un organismo autónomo dependente da Consellería de Medio Rural e Mar que, entre outras moitas tarefas, encárgase de canalizar as remesas de alimentos excedentarios. Estes alimentos proveñen dos problemas de comercialización que se producen co exceso de oferta dun produto. Estes acóllense a procesos de retirada voluntaria por parte da administración competente, a cal deriva estes excedentes a institucións benéficas.

 

 

FUNDACIÓN BARRIÉ

 

Más Social - CONECTA

A Fundación Barrié financiou a elaboración desta WEB que nos permite facer chegar a información para que estedes ao tanto do traballo realizado.

 

Más Social - Programa Formativo I

Ademáis, estamos inmersos noutra das iniciativas da Fundación Barrié, o Programa Formativo I para o fortalecemento do terceiro sector. Este é un programa dirixido ás entidades do Terceiro Sector co que se pretende promover un modelo de acción social económicamente sostible, que facilite a orientación da organización cara o futuro con crecemento sostible.

 

 

MERCADONA

 

 

OBRA SOCIAL LA CAIXA

Colabora coa Federación organizando a campaña "Ningún neno sen bigote" na que se recolle leite. Ademáis, a Obra Social "La Caixa" doou 1 litro de leite extra por cada 10 litros recollidos.

 

 

TENREIRA GALEGA

 

 

 

UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPSOTELA - USC

A Universidad de Santiago de Compostela e a Federación Gallega de Bancos teñen firmado un convenio marco para desenvolver distintos programas de voluntariado.

A través do Servicio de Integración e Participación, a universidade, os estudantes e os traballadores nos axudan de forma activa en todas as campañas de recollida na cidade.

 

 

VEGALSA

 



FEGABAN
http://www.fegaban.es/
http://www.fegaban.es/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=156