NingĂșn Neno Sen Bigote

A Obra Social "La Caixa" e Bancos de Alimentos uníronse para que ningún/ha nen@ quede sen leite, todo o recadado na campaña "Ningún Neno Sen Bigote" irá destinado integramente a axudar ás familias máis necesitadas. A Obra Social La Caixa doará 1 litro de leite extra por cada 10 litros que se recollan ata os 100.000 litros de leite.


Hai unhas semanas, entregáronse os primeiros 100.000 litros de leite, obtidos dende o comezo da campaña no mes de Abril, a cada un dos bancos de alimentos galegos.


Podedes seguir colaborando ata o 31 de Xullo na súa web "Gran Recollida de Leite", mediante un SMS coa palabra LEITE ao 28024 ou na Liña Aberta de "La Caixa"

 

O noso agradecemento a tod@s aquelas/es que xa colaborastes na gran recollida de leite.

 

100.000 GRAZAS!



FEGABAN
http://www.fegaban.es/
http://www.fegaban.es/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=158