Quen somos?
A Federación Gallega de Bancos de Alimentos (FEGABAN) é unha organización independente sen ánimo de lucro baseada no voluntariado e cuxo obxectivo principal é a consecución e aproveitamento dos alimentos excedentarios con intención de facelos chegar aos centros asistenciais, e a través deles ás familias e ás persoas necesitadas.
A federación fúndase o 10 de Xullo de 2007 para coordinar os distintos bancos de alimentos da comunidade galega, facilitando o achegamento e o intercambio entre estes, co fin de dotalos do equipamento necesario e atender as necesidades económicas de financiamento.
Hoxe en día vivimos o paradoxo dun mundo onde coexiste a produción excedentaria de alimentos con bolsas de pobreza e fame. FEGABAN traballa para difundir o espírito solidario e os valores necesarios que fan falla para paliar esta situación, en concreto, en Galicia.
Principios éticos de actuación da Federación Gallega de Bancos de Alimentos:
-
Os alimentos son recibidos e distribuídos gratuitamente. O traballo dos colaboradores é voluntario, baseado na solidariedade e polo tanto non retribuído.
-
Distribución gratuíta a través de entidades benéficas recoñecidas e homologadas, que poden asegurar o destino dos alimentos a persoas realmente necesitadas.
-
Contribución á sostibilidade e preservación do medio: ao evitar procedementos contaminantes de destrución de alimentos.
-
Promoción da solidariedade e a cohesión social mediante a axuda ás persoas con urxentes necesidades alimentarias.
Destacamos como os seus fins:
-
Contribuír a reducir a fame na comunidade.
-
Educar e concienciar a poboación sobre a problemática alimentaria e as súas alternativas de solución.
-
Desenvolver a conciencia solidaria, instalando o "Principio de responsabilidade social compartida", con campañas de sensibilización dirixidas cara á opinión pública.
-
Prover aos comedores sociais, fogares de nenos e outras institucións e entidades de ben público de alimentos sans e nutritivos.
-
Involucrar ao sector empresarial, comprometéndoo en accións de responsabilidade social, mediante a achega de doazóns de produtos excedentarios non comerciables.
-
Impulsar axudas e doazóns monetarias de particulares e empresarios destinados a soster o proxecto.
-
Promover e difundir as solucións posibles para superar a problemática da fame.
-
Promover a participación do voluntariado, unha solidariedade activa e responsable.
-
Canalizar e distribuír entre os asociados, as axudas que en alimentos ou en forma de subvencións, procedan de calquera administración, autonómica, estatal e internacional.
-
Coordinar a actuación e a actividade dos catro bancos existentes na comunidade galega, impulsando un maior crecemento nas súas actividades encamiñadas cara á loita contra a exclusión social, e realizando unha actividade máis ampla para axudar aos colectivos máis castigados pola pobreza.
-
Manter en todo momento unha acción potenciadora sobre os bancos que coordina, co fin de que atendan á maior cantidade de persoas necesitadas.
FEGABAN
http://www.fegaban.es/
http://www.fegaban.es/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=47