Colabora > Ser voluntario/a > ¿Por qué ser voluntario/a?

¿Por qué ser voluntario/a?

  •     Para axudar aos máis necesitados.
  •     Para reforzar a autoestima.
  •     Formar parte da historia.
  •     Coidar o medioambiente.
  •     Entrar no mercado laboral, aínda que o voluntariado non está remunerado, fai tarefas que teñan relación cos seus coñecementos e oficio.
  •     Reforzar a empatía.


Os voluntarios son o piar básico e a gran forza dos Bancos de Alimentos. Adoitan ser profesionais, preferentemente xubilados e prexubilados, que realizan tarefas de dirección, contabilidade, almacén, transporte e aprovisionamento, outras de apoio xurídico, relación públicas, etc. A sua labor centrase na captación, organización e distribución de alimentos.

O voluntario, porque se sente solidario, por satisfacción persoal, e por moitas outras razóns,acepta un compromiso moral de axudar aos demais, colaborando e participando coas tarefas dos Bancos de Alimentos.


Os voluntarios poden ser:

Estables

Colaboran co Banco dun xeito regular, dous ou tres días á semana segundo as súas posibilidades.


Puntuais

Colaboran en campañas de recollidas de alimentos e outras accións puntuais que levan a cabo no Banco.
 

Especialistas

Teñen certos coñecementos e  habilidades que poidan axudar á mellora do Banco de Alimentos en temas moi concretos.


O Banco de Alimentos desempeña a súa labor todos os días laborais do ano. Cada voluntario, atendendo as suas destrezas, habilidades y coñecementos, y por suposto tempo libre, comprométese co Banco a traballar en certas tarefas para as que está capacitado. Este compromiso de colaborar co Banco sexa en tempo o en coñecementos é convinte que se  respecte por ambas as dúas partes.

Se desexas colaborar como voluntario, faite voluntario/a agora


DEREITOS E DEBERES DOS VOLUNTARIOS


Os voluntarios teñen os seguintes dereitos:

 

    a) Recibir, tanto con carácter inicial como permanente, a información, formación, orientación, apoio e, no seu caso, medios materiais necesarios para o exercicio das funcións que se lles asignen.

    b) Ser tratados sen discriminación, respetando a sua liberdade, dignidade, intimidade e crenzas.

    c) Participar activamente na organización en que se inserten, colaborando na elaboración, deseño, execución e avaliación dos programas, de acordo cos     seus estatutos ou normas de aplicación.

    d) Ser asegurados contra os riscos de accidente e enfermidade derivados directamente do exercicio da actividad voluntaria, coas características e polos     capitais asegurados que se establezan reglamentariamente.

    e) Ser reembolsados polos gastos realizados no desempeño da suas actividades.

    f) Dispoñer dunha acreditación identificativa da sua condición de voluntario.

    g) Realizar a sua actividad nas debidas condicións de seguridade e hixiene en función da natureza e características de aquela.

    h) Obter o respeto e recoñecemento polo valor social da sua contribución.

 

Os voluntarios están obligados a:


    a) Cumprir os compromisos adquiridos coas organizacións nas que se integren, respetando os fins e a normativa das mismas.

    b) Gardar, cando proceda, confidencialidade da información recibida e coñecida no desenvolvemento da sua actividade voluntaria.

    c) Rexeitar calquera contraprestación material que puideran recibir do beneficiario ou de outras persoas relacionadas coa acción.

    d) Respetar os dereitos dos beneficiarios da sua actividade voluntaria.

    e) Actuar de forma dilixente e solidaria.

    f) Participar nas tarefas formativas previstas pola organización de modo concreto para as actividades e funcións confiadas, así como as que con carácter permanente se precisen para manter a calidade dos servicios que presten.

    g) Seguir as instruccións adecuadas aos fins que se impartan no desenvolvemento das actividades encomendadas.

    h) Utilizar debidamente a acreditación e distintivos da organización.

    i) Respetar e coidar os recursos materiais que poñan a súa disposición as organizacións.

      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir
Ildefonso SÃ�¡nchez Mera 4-B, Bajo    C.P. 15706    Santiago de Compostela    A Coruña    981 586 181    fegaban@fegaban.es