FEGABAN > Mensaxe do Presidente

Mensaxe do Presidente

Quixera agradecer a tod@s @s voluntari@s, @s de almacéns do día a día dos bancos, coas súas cargas e descargas, das recollidas nas grandes superficies, d@s numeros@s voluntari@s das operacións quilo, etc. que fixeron posíbel que os Bancos de Alimentos de Galicia atendan a 101.237 persoas a través de máis de 670 asociacións.



A nosa lembranza a todos aqueles que nos abandoaron recentemente, o noso máis profundo agradecemento e tendo sempre na nosa memoria o seu exemplo e entrega desinteresada:


José Antonio Vieira da Fundación Banco de Alimentos de Vigo.
Bienvenido Conde do Banco de Alimentos de Ourense.
Isidro Sánchez do Banco Alimentos Rías Altas da sede de Santiago.
Emilio Quiñones da Fundación Banco de Alimentos de Vigo.
 

Como colofón, dicirvos, que sen @s voluntari@s non existirían os Bancos de Alimentos e tampouco sen a xenerosidade e colaboración da sociedade galega, que en cada unha das iniciativas que realizamos superaron dabondo as nosas expectativas e obxectivos, facendo posíbel o noso labor en favor d@s máis necesitad@s.



A TOD@S GRAZAS



Don José Pita Chento, Presidente  da Federación Gallega de Bancos de Alimentos

      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir
Ildefonso Sánchez Mera 4-B, Baixo    C.P. 15706    Santiago de Compostela    A Coruña    981 586 181    fegaban@fegaban.es