Infórmate > Noticias 

Noticias 

OBRADOIRO E NINGÚN NENO SEN BIGOTE
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

22/05/2015

O Rio Natura Monbus Obradoiro disfrutou outra vez da solidariedade dos seus siareiross no partido de onte, no que se levou a cabo unha recollida de leite infantil para os Bancos de Alimentos, a cargo da campaña “Ningún niño sin bigote” da Obra Social La Caixa.

1 de 3

Despois dos 100.000 litros xa doados pola Obra Social La Caixa, na recollida xuntáronse 1.000 litros de leite que os obradoiristas deixaron na entrada do pavillón antes de asistir ao último partido do curso.

Ademais, Rio Natura Monbus Obradoiro, patrocinador principal do club, sumouse á campaña con seis litros por cada punto dos de Moncho Fernández, polo que ao final do partido cando o luminoso marcaba 74, a firma doou 444 litros.

Con estes case 101.500 litros de solidariedade destinados a sete delegacións galegas do Banco de Alimentos, conseguiremos que moitos nenos en situación de vulnerabilidade poidan gozar deste alimento básico para a súa nutrición.

José Luis Mateo, director xeral do club, explicou que unha acción orixinal como este "non podía faltar no noso club, cunha importante sensibilidade social e é un aliciente máis para acudir o domingo a Sar a despedir a tempada co equipo e lucir todos xuntos o bigote branco".

O director territorial de Caixabank en Galicia, Marc Benhamou, resaltou que tras a colaboración co proxecto El Camino Acaba en Obradoiro, Obra Social La Caixa quería unirse a este peche dunha fantástica tempada con esta acción solidaria, "pola que esperamos que o partido sexa o leite. En primeiro lugar, para pechar ao máis alto nivel o curso cunha vitoria, e en segundo, para atender á falta das persoas máis necesitadas de Galicia,". Recordou tamén que o leite "é un elemento básico no crecemento e nutrición infantil e un dos máis demandados polos Bancos de Alimentos porque non teñen suficiente para atender a demanda que reciben. Así que a eles, nas súas delegacións galegas, irá destinada a recadación. De entrada, os 100.000 litros de Obra Social La Caixa representan "catro tráileres cargados, aos que esperamos que se sumen moitos máis."

Por último, Moncho Fernández animó a todos los obradoiristas a participar: “El juego pasa a segundo plano cuando a nuestros pequeños les falta algo básico como la leche. Me parece una iniciativa excepcional porque somos más que un equipo de baloncesto. Y si podemos encontrar dentro de patrocinadores y colaboradores estas acciones un motivo de orgullo”.

Arquivada en:

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info

Ildefonso Sánchez Mera 4-B, Baixo    C.P. 15706    Santiago de Compostela    A Coruña    981 586 181    fegaban@fegaban.es